grazasemptyporemptynosemptyvisitar

17 jun 2014

JULIÁN XA TEN 7 ANOS

Hoxe Julián estivo de sétimo aniversario e agasallounos con esta mágnifica torta de chocolate e galletas que el  axudoulle a facer á súa mamá.
Moitas grazas por querer compartila connosco.

16 jun 2014

A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO


Versión do conto A cousa que máis doe do mundo ( OQO ) realizada polo profe Xabi para a actividade de fin de curso CANTAMOS CONTOS.
As ilustracións están feitas polos nenos e nenas do 1º ciclo.

28 may 2014

21 may 2014

REDEIRA

Onte recibimos a visita na nosa aula da avoa de Iker (de 4 anos) que é redeira na Illa de Arousa e explicounos en que consiste o seu oficio: como se repara unha rede rota, como se unen panos cando fai falta  e o material que utiliza.
Como vedes prestamos moita atención... e as profes tamén.

19 may 2014

BILLARDA

Para rematar a semana das letras galegas , Xan e Miguel da Liga da Billarda viñeron ao cole a aprendernos como se xoga e cales son as regras. Pásamolo moi ben

15 may 2014

DIAZ CASTRO

Visitando a exposición que sobre Diaz Castro temos no ximnasio do cole

13 may 2014

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Exposición de Oficios tradicionais relacionados co mar; unha dorna no cole: nenos e nenas aprendendo sobre ela.

5 may 2014

PLANTAS

Hoxe achegámonos ata a casa de Roi para ver as plantas que teñen na horta

23 abr 2014

DÍA DO LIBRO : SENTADA LECTORA

Para celebrarmos O DÍA DO LIBRO convidamos ás familias do noso alumnado a participar nunha sentada lectora na hora de ler. Isto apenas é unha pequena mostra do que aconteceu. En días vindeiros aparecerán máis fotos e outras actcividades dos obradoiros que fixemos.

10 abr 2014

EDUCACIÓN VIAL







8 abr 2014

OFICIOS MARIÑEIROS : RAÑEIR@S, MARISQUEO A FLOTE

Que fan tod@s est@s rañeir@s no patio do cole ???


 José Manuel, pai de Paula achegouse o luns ao cole para nos explicar en que consiste o seu traballo de mariscador e como se funciona co raño para coller ameixas.

A vara, de eucalipto, pode chegar a medir ata 30 metros dependendo da profundidade na que se traballe.




Hai que unir varas varas para facelas así de longas









O raño da rede era o que se utilizaba antes .



Na actualidade xa hai algunhas mulleres que van mariscar a flote, ata o de agora só ían homes.

Pasámolo moi ben e aprendimos moitísimas cousas. 
Grazas ao papá de Paula por vir compartir con nós o seu saber.

27 mar 2014

FRAN ALONSO CONNOSCO

Por fin chegou o día e FRAN ALONSO encheu coa súa poesía a biblioteca do cole.

A que non sabiades que a poesía ten patas? Pois si, nada menos que catro 

As palabras, cando están moi hinchadas de significado , poden explotar coma se dun globo se tratara 

Tamén nos recitou poemas que tiñan que ver con animais...
pasou a serpe Sabela, dragóns que non botaban lume, polbos que nos transportaron ata o mar no que habitan.


Xulián e Antía, en nome de tod@s nós, entregáronlle un pequeno agasallo que lle gustou moito: un lapis de carpinteiro para que continúe a escribir  moitos poemas el mailo seu gato, e un libro-caixa  máxico para enchelo con morea  de palabras reversibles, máxicas, abrapalabrantes...




22 mar 2014

DÍA DA POESÍA: AGASALLO VISUAL



Para celebrarmos o día da poesía , e aproveitando que o alumnado de 1º, 2º e 4º nivel está a traballar co libro de Fran Alonso O meu gato é un poeta , tivemos un recital de poesías de creación propia que foi todo un éxito e pasámolo moi ben.
Como sobremesa houbo uns doces moi especiais : piruletas de poemas acompañadas de nubes. Non se pode pedir máis.